Poliamina

Putrescina.
Cadaverina.
Espermidina.
Espermina.

Unha poliamina é un composto orgánico que ten dous ou máis grupos amina primarios (NH2). Son moléculas de natureza policatiónica presentes tanto en plantas, coma animais e microorganismos, e tamén sintéticas.

Esta clase de compostos comprende varias substancias sintéticas que son importantes materias primas para a industria química, como a etilendiamina (H2N-CH2-CH2-NH2), 1,3-diaminopropano (H2N-(CH2)3-NH2), e hexametilendiamina (H2N-(CH2)6-NH2). Tamén son diaminas moitas substancias naturais dos organismos eucariotas e procariotas, como a putrescina (H2N-(CH2)4-NH2), cadaverina (H2N-(CH2)5-NH2), espermidina (H2N-((CH2)4-NH-)2-H), e espermina (H2N-((CH2)4-NH-)3-H). O cicleno é o principal representante das poliaminas policíclicas. A polietilenamina é un polímero baseado no monómero aziridina.


Developed by StudentB